O Delegado territorial participa na reunión do Padroado da Fundación Aquae Querquennae

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá, por primeira vez de xeito presencial, na reunión do ‘Padroado da Fundación Aquae Querquennae’.

O delegado territorial aproveitou para facer unha visita ao campamento romano que está emprazado  no lugar de Porto Quintela, no concello ourensán de Bande. Trátase dun conxunto arqueolóxico formado polo campamento e mansio vinculados co paso da vía XVII de Antonino ou Vía Nova, que presenta un gran valor científico e patrimonial derivado da información obtida polas continuas campañas de escavacións desenvolvidas ao longo de varias décadas

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén confirmou a achega de 20.000 euros da Xunta para asumir os custos de persoal, deseño e edición de material divulgativo que permitirán planificar accións de fomento á promoción e divulgación do patrimonio cultural desta zona arqueolóxica.