O Vila do Arenteiro inaugura a súa exposición sobre a Prehistoria

Os rapaces de terceiro curso do centro educativo Vila do Arenteiro realizaron unha exposición na que amosan o estilo de vida da Pehistoria, elaborada por eles mesmos e cun fin didáctico. Esta mañá, os máis pequenos recibiron ó alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, para inaugurar a súa creación. Foron eles, os cativos, os que explicaron todas as curiosidades desta época, todas elas recollidas na súa exposición.

O alcalde amosouse satisfeito de que os centros da vila fomenten o estudo de xeito didáctico e implicando ós rapaces neste tipo de iniciativas.

AVANTAR ACTIVIDADES