O C.D. Arenteiro prepara o seu plantel para a próxima tempada, renovando ó adestrador

O Club Deportivo Arenteiro prepara xa próxima tempada. Nos últimos días anunciou que Adrián Pol, Javi Pazos, Germán Pérez, Adrián Presas, Ángel Expósito e Martín Torres non seguirán no equipo senior, Dijmou Cissé tampouco continuará tras finalizar o contrato de cesión co noso club, retornando á disciplina do R.C. Celta de Vigo. Dende o club dánlle o seu máis sincero agradecemento, xa que cada un aportou o seu anaco á historia do club.

Por outra banda, xa están asinados os contratos de renovación co adestrador, Fran Justo, e Alex Vázquez, e tamén con Millán, Nico e edu do corpo técnico. En canto a xogadores, polo de agora están confirmados Victor Eimil, Sylla e Joni.

AVANTAR ACTIVIDADES