O Irixo queda libre de covid deixando a comarca con sete contaxios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 7 contaxios ( -1 ). O Concello do Carballiño mantén os 4 casos con respecto a onte. Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid.

Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte. San Cristovo de Cea mantén un caso, igual ca onte e O Irixo, que onte tiña un contaxio, hoxe está libre de covid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.