Ribadavia abrirá a piscina municipal o próximo luns

A piscina municipal abrirá o vindeiro luns 21 de xuño. O Concello leva meses traballando en tarefas de mellora desta infraestrutura, que levaba desde o verán de 2019 sen abrir. Despois de moito esforzo, tanto de recuperación da infraestrutura como de adaptación ás normas Covid, está todo listo para a súa apertura.

O horario será de mañá de 11,00 a 14,30 horas e de tarde de 14,30 a 20,45 horas. Todos os prezos dos diferentes abonos poderán consultarse no web do Consello Municipal de Deportes de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

As instalacións da piscina municipal de Ribadavia contan con dous vasos, un grande destinado a adultos, que o protocolo Anti-Covid fixa nun aforo de 60 persoas, e outro infantil, con un aforo para 14 persoas.

Requisitos

Según a actual normativa en materia de prevención, o acceso ás instalacións terá que facerse con reserva previa, que poderá ser a través da web do Consello Municipal de Deportes de Ribadavia ou directamente nas súas oficinas do Pavillón do Consello. Cada usuario poderá reservar un máximo de sete quendas, debendo elexir entre mañá ou de tarde.  Os usuarios están obrigados a pasar polo control de acceso ao recinto, onde deberán acreditar a reserva mostrando o código QR previamente descargado así coma o DNI. Además, os usuarios que teñan reserva e non poidan acudir á piscina, estarán obrigados a súa anulación, e de non ser así, á segunda incomparecencia continuada levará aparellada unha penalización.

Cursos de natación.

Ademais dos bonos para o uso da piscina municipal, desde o Concello tense programado cursos de natación para os meses de xullo e agosto. Estas prazas xa se cubriron, e desde o Concello abriuse unha lista de agarda a través da cal se espera poder  facer nos próximos días un sitio para todos os solicitantes.