A comarca contabiliza seis casos activos de tres concellos: O Carballiño, Beariz e San Cristovo de Cea

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 6 contaxios ( -1 ). O Concello do Carballiño mantén os 4 casos con respecto a onte. Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid.

Beariz que contaba onte con dous casos, hoxe pasa a ter un so contaxiado. San Cristovo de Cea mantén un caso, igual ca onte.

HIPER MASIDE

Os demais concellos, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, hai moi poucos contaxiados e estabilidade. Cenlle, Arnoia e Cortegada contan cun único positivo cada concello e son os únicos que rexistran casos activos de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.