As axudas Leader reciben quince solicitudes de proxectos dos concellos do GDR-12 Carballiño-Ribeiro

IES CHAMOSO LAMAS

O pasado venres 11 de xuño de 2021 tivo lugar a Comisión de Seguimento do Convenio de Colaboración entre AGADER e o GDR-12 “Asociación Carballiño – Ribeiro”.

O Subdirector de Relacións cos GDR, Moisés Blanco Paradelo, foi recibido recibido polo presidente da Asociación, Francisco José Fernández Pérez e o equipo técnico do GDR-12, mantendo unha reunión para proceder á constitución da Comisión de Seguimento.

HIPER MASIDE

Nesta visita procedeuse á análise e estudo do Convenio de Colaboración asinado no seu día entre a AGADER e o GDR-12, tratando a xestión das convocatorias de axudas Leader e a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.  Na presente convocatoria 2021-2022 presentáronse un total de 15 proxectos, 6 de natureza produtiva e 8 iniciativas de concellos do territorio. Ditas solicitudes están sendo estudadas polo equipo técnico do GDR-12, para completar a documentación, a súa baremación e a comprobación da súa elixibilidade dentro da estratexia de desenvolvemento aprobada para o territorio Carballiño – Ribeiro. Unha vez verificados pasarán á xunta directiva para a súa aprobación atendendo á puntuación obtida no baremo e ata esgotar os fondos de cada medida.