As Barcias prepárase para acoller mañá a proba piloto de verbenas no Carballiño

Onte esgotáronse as mil entradas gratuítas para acceder á verbena piloto que terá lugar mañá sábado día 19 no Carballiño, e que estará amenizada pola orquestra Cinema. Recordamos que esta proba realizarase simultaneamente ente as seis localidades escollidas pola Xunta de Galicia.

Esta proba terá lugar das 21:00 ás 23:00 horas nas Barcias, no parque municipal do Carballiño e que contará con control de aforo e todas as medidas sanitarias. Finalmente non haberá nin zona de atraccións nin zona de bar.

AVANTAR ACTIVIDADES