O IRIXO: Convocatoria para a contratación laboral temporal de 2 xef@s de brigada, 2 pe@ns condutor@s e 6 pe@ns para as brigadas forestais

Publicase hoxe no BOP

AVANTAR ACTIVIDADES

Por Decreto da Alcaldía, con data 15 de xuño de 2021, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefes de brigada, 2 condutores e 6 peóns).

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no Rexistro Electrónico do concello (oirixo.sedelectronica.es), ou, no seu caso, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/

BOP Premer na Imaxe