Ourese estabiliza os contaxios logo do repunte de onte e descende ingresos en hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 85 contaxios novos, unha cifra que descende con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.344, unha cifra que descende en once casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (=) están en UCI, 45 (=) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 1 persoa con respecto a onte, ata os 155 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa un estancamento. Contamos con 2 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES