Casos activos por covid: Carballiño con 4, Beariz e Cea con un

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 6 contaxios ( -igual ca onte). O Concello do Carballiño mantén os 4 casos con respecto a onte. Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid.

Beariz ten un so contaxiado. San Cristovo de Cea mantén un caso, igual ca onte.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

PUBLICIDADE ELECTORAL