A plataforma ProCampus de Ourense ve dificil conseguir o Máster en Enxeñería Aeronáutica para o próximo curso escolar 2021-2022.

Por estas mesmas datas o ano pasado, a plataforma ProCampus de Ourense mostraba a súa preocupación ante a incerteza xerada en canto á implantación do Máster de Enxeñería Aeronáutica, pois o 4 de maio terminaba o prazo para que universidades remitisen á Administración autonómica a oferta completa de titulacións para o seguinte curso.

AUDIO ( Premer na Imaxe )

AVANTAR ACTIVIDADES

Escrito enviado a Consellería de Cultura, Educación e Universidade:

Estimado conselleiro,

Dirixímonos a vostede en relación ao proceso de incorporación do Máster de Enxeñaría Aeronáutica á oferta académica do sistema universitario de Galicia. A preocupación actual é que os atrancos que ven sufrindo a tramitación desta titulación non permitan que chegue a tempo para ser ofertada ao estudantado da terceira promoción do Grao en Enxeñaría Aeroespacial que se está a impartir na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (EEAE) do campus de Ourense. Como este asunto ven sendo seguido de cerca polos medios de comunicación ourensáns dende finais de 2018, anticipámoslle que nos reservamos o dereito de facer público o contido da presente comunicación. Igualmente, tendo en conta que vostede ostenta a titularidade da consellería dende finais de 2020, comenzamos cunha breve descrición do desenrolo dos acontecementos que nos teñen levado a poñernos en contacto coa Xunta de Galicia.

No verán de 2019, a Universidade de Vigo (UVigo) remitiu á Xunta de Galicia unha proposta de máster exclusivo na EEAE avalada polo Consello de Goberno e o Consello Social. Dita iniciativa foi corrixida en novembro dese mesmo ano pola Secretaría Xeral de Universidades, que indicou de xeito expreso a idoneidade dun máster interuniversitario coa UVigo e a Universidade da Coruña (UDC) como universidades participantes. A Secretaría Xeral apelou naquel momento á necesidade de que existise unha “colaboración a gran escala entre universidades” e deulles un prazo de dous meses para ter listo un plan de estudos que puidese pasar o proceso de verificación a tempo para ser ofertado na primaveira de 2020 á primeira promoción do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

En maio de 2020, logo de coñecerse que o máster non chegaba a tempo para esa primeira promoción, os reitores da UVigo e a UDC anunciaron públicamente ter acadado un acordo para a organización dos dous cursos do título. Así, o primeiro curso sería impartido de xeito exclusivo no campus de Ourense e no segundo a titulación desdobraríase en dúas especialidades, unha a ser impartida en Ourense e outra na Coruña.

Descartada pola Xunta de Galicia a proposta orixinal da UVigo de máster exclusivo, é a nosa opinión que este acordo entre reitores de 2020 é o único xeito de desenrolar o máster interuniversitario con posibilidades de éxito. Concretamente, tendo en conta que o primeiro curso do título contempla contidos obrigatorios determinados pola “Orden CIN” correspondente e que a optatividade está concentrada no segundo, a fórmula de primeiro exclusivo en Ourense é a única que lle garantiza ao estudantado non ter espallada a docencia dun mesmo curso entre dous campus separados por unha distancia de 180 km.

Nembargantes, ten trascendido que ésta non é a opinión predominante na UDC. Certamente, a súa pretensión nos últimos meses ten sido que a docencia do primeiro curso fora compartida entre os campus de A Coruña e Ourense, o que ten provocado que o máster non chegase a tempo para ser ofertado á segunda promoción do grao. E as nosas informacións indican ademáis que, agora que se debería estar elaborando un plan de estudos para que esto non volvese a ocurrir para a terceira promoción, a UDC está a manter a súa posición de non aceptar un primeiro exclusivo en Ourense.

O vindeiro 1 de agosto é a data límite que lle impón a consellería ás universidades para remitir as propostas de titulacións que pretendan ser ofertadas para o curso 2022-23. A situación é polo tanto que, a pouco mais dun meses desa data, non se ten avanzado absolutamente nada nun plan de estudos de máster interuniversitario. Tanto os antecedentes como a premura dos prazos alertan do risco de que a terceira promoción se vexa forzada a marchar de Galicia para continuar a súa formación a nivel de máster.

É lóxico e evidente que neste momento preocupe de xeito concreto a terceira promoción, pero cómpre ter en conta tamén que o que está a acontecer afecta ao desenrolo da propia EEAE e a imaxe que proxecta. Nós consideramos que a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo naceu coa vocación de chegar a converterse nunha “escola de enxeñaría superior” na que, como tal, poderíanse estudar as titulacións de grao e máster que conxuntamente habilitan para exercer a profesión de enxeñeiro/a superior aeronáutico/a. Por outra banda, tamén entendemos que esa idea ten sido reforzada polo feito de que a EEAE estea a captar ano tras ano dende a súa creación en 2016 ao estudantado galego de maior rendemento no eido da Enxeñaría. Nembargantes, a realidade cara a que camiñamos semella ir nunha dirección diferente, e para ilustrar esto axudámonos dunha situación que se producirá próximamente e que ten unha carga simbólica que non é menor.

O vindeiro 16 de xullo celebrarase o acto de graduación da segunda promoción do Grao en Enxeñaría Aeroespacial. Estamos, por unha banda, ante as emocións positivas típicas de calquera celebración deste tipo e, pola outra, ante a tristeza, frustración e indignación que xera que os egresados e egresadas non teñan a posibilidade de continuar a súa andaina académica na única Escola de Aeronáutica de Galicia. Mais alá disto, os condicionantes deste primeiro acto de graduación na EEAA indican moi claramente que o centro está a ser condeado a funcionar de facto como unha “escola de peritos” que gradúa aos seus estudantes para que, indefectiblemente, marchen a outras institucións académicas se desexan converterse en enxeñeiros superiores. Dende esta perspectiva, cómpre preguntarse se os plans para o centro académico galego que atrae ao estudantado de maior rendemento en Enxeñaría pasan por manter esta situación ou se, polo contrario, existe realmente unha estratexia clara e concreta para implantar o Máster en Enxeñaría Aeronáutica en termos razoables como primeiro paso que favoreza o desenrolo natural da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo que lle permita tentar converterse por pleno dereito nunha Escola de Enxeñaria Superior.

É evidente que todas estas cuestións preocupan en Ourense e, por este motivo, solicitámoslle na nosa calidade de plataforma cidadá que leva preto de trinta traballando a prol dos mellores intereses do campus de Ourense que reciba a unha delegación da nosa asociación para coñecer de primeira man o punto de vista da Xunta de Galicia.