Galicia segue reducindo contaxios, preto de contar con tan so un millar de casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 56 contaxios novos, unha cifra que descende con respecto ós datos da pasada semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.250, unha cifra que descende nun centenar de casos nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (=) están en UCI, 43 (-2) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 13 persoa con respecto ó pasado venres, ata os 142 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa un estancamento. Contamos con 2 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES