O Carballiño baixa ós dous casos activos, a cifra máis baixa dos últimos meses

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 3 contaxios ( -3 ). O Concello do Carballiño baixa hoxe ós 2 casos activos, 2 casos menos con respecto a onte. Estas cifras son as máis baixas que se recordan dende o pasado verán.

Beariz que contaba onte con cun caso activo, e hoxe pasa a estar libre de covid. San Cristovo de Cea mantén un caso, igual ca dende a pasada semana.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

PUBLICIDADE ELECTORAL

No Ribeiro, hai moi poucos contaxiados e estabilidade. Cenlle e Arnoia  contan cun único positivo cada concello e son os únicos que rexistran casos activos de covid. Cortegada, que tiña un caso, quedou libre de covid hoxe.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.