O concello de Ribadavia pide que a Deputación axilice a adxudicación da obra da ponte da Veronza.

O Pleno de Ribadavia aprobará unha modificación orzamentaria para facer fronte á obra da ponte da Veronza. A partida anunciada pola Deputación no seu día é insuficiente, e agora é preciso desde o Concello realizar unha achega de case 10.000 euros para poder facer fronte a esta obra.

Esta modificación supón un esforzo importante para as arcas do Concello de Ribadavia, un investimento que non estaba previsto, pois no seu día a Deputación tiña publicitado que ía facerse cargo do total da obra, cuestión que agora se demostra que non é asi.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Concello de Ribadavia pedimos a maior premura posible á Deputación para iniciar os tramites de licitación desta obra, pois entendemos que a temporada propicia é nestes meses nos que o caudal do río está máis baixo.

O Concello xa realizara un “Compromiso de aportación municipal” requerido pola Deputación e que xa se fixo na Xunta de Goberno de 31 maio, fai 3 semanas, polo que desde entón poderían estar xa iniciados os tramites de licitación da obra.

Desde o Concello téñense axilizados todos os tramites administrativos para que esta obra se realice o antes posible. Así se fixo nos diferentes encontros coa Confederación Hidrográfica, que tamén serviron para axilizar este proceso.

Polo que unha vez realizados todos os tramites administrativos en Ribadavia, agora é só unha cuestión de vontade política por parte da Deputación que esta obra poida comezar o antes posible e da maneira máis segura antes da temporada de inverno e decrecidas do río.