A Xunta califica de exitosa a proba de sereas realizada en 33 presas, entre elas Albarellos e Castrelo de Miño

Onte completouse con éxito a proba operativa das sereas de aviso á poboación dun total de 33 presas galegas. Os primeiros sinais soaron ás 9:00 da mañá nas presas e repetíronse en diferentes presas ata ás 16:30.

Soaron máis de 70 sereas no territorio, unidas entre diversos puntos, entre eles Albarellos e Castrelo de Miño. En Galicia hai actualmente 45 plans de emerxencia de presas aprobados, con estratexias definidas para facer fronte a situacións de risco de rotura ou danos graves, coñecer as zonas que se inundarían en caso de rotura e dispoñer de sistemas de alerta tanto na poboación, así como nas axencias de xestión de emerxencias.

AVANTAR ACTIVIDADES