O concello de Ribadavia celebra mañá, ás 19:00 horas o pleno de xuño

A corporación do concello de Ribadavia reunirase mañá xoves, en sesión plenaria, ás 19:00 horas. Entre a orde do día atópanse as seguintes propostas da alcaldía: a inscrición no rexistro de bens municipais do baixo esquerda do edificio con saída á rúa Carlos Casares 5 e a súa aprobación de cesión para a casa do maior. Tamén se inclúe o convenio entre o concello e o consorcio galego de servizos de igualdade para a xestión e cofinanciamento da escola infantil. E tamén, a probación da ordenanza de circulación cas respectivas alegacións.

En canto á oposición, inclúense tres mocións do BNG. E para rematar, a declaración institucional polo día internacional dos dereitos LGTB.

AVANTAR ACTIVIDADES