Volve o festival ‘Ribeiro son de viño’ e os seus brindes con viños do Ribeiro e a mellor música a pe de praia

Delafé e Elba serán os artistas que enchan de música a praia da Barrosa – San Vicente do Mar – O Grove na edición especial 2021 dun dos eventos máis agardados do verán: Ribeiro Son de Viño

Volve o festival Ribeiro Son de Viño e faino coa edición especial 2021 que promete ser o pistoletazo de saída dun dos veráns máis especiais da nosa vida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro Son de Viño volverá a unir na praia da Barrosa de San Vicente do Mar (O Grove) música e viño da D.O. Ribeiro, nunha tarde entrañable e de aforo moi limitado.

Delafé e Elba son os artistas elixidos para este ano especialmente emocional no que recuperaremos con cautela o noso xeito de vivir antes de que chegase a pandemia.

A D.O. Ribeiro preparou unha xornada coas máximas garantías de seguridade e un protocolo exhaustivo para volver a brindar co noso viño favorito e a atoparnos no que xa se converteu nun dos plans imprescindibles do verán galego.

As entradas estarán á venda en https://nautico.entradas.plus/ e inclúen o acceso ao bar Náutico de San Vicente para gozar dos concertos de Delafé e Elba, así como dunha botella de viño branco ‘Fillas D.O. Ribeiro’ (viño oficial da película Cuñados) e unha bolsa enfriadora.

Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viño da denominación de orixe Ribeiro no entorno máxico da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar.

DELAFÉ. Concerto en formato acústico

Óscar D’Aniello, coñecido artisticamente como Delafé, visita de novo o Náutico de San Vicente en formato dúo xunto a Marina Prades presentando as cancións do seu último disco “Hay un lugar” e tamén os seus hits de sempre como “Enero en la playa”, “Lo más bonito del mundo”, “Mucho mucho mucho”, “Mar el poder del mar” ou “La primavera”.

ELBA

ELBA é o proxecto persoal da artista compostelá homónima. Graduada en canto lírico e violín no conservatorio de Santiago de Compostela con premio extraordinario na súa promoción e, tras pasar por varios proxectos musicais, presentou en xullos de 2019 “Hurt”, en maio de 2020 “Natural magic”, en abril de 2021 o coreado hit “Todo guay”, e prevé publicar o seu primer LP ao longo de 2021. Neste período de tempo xa sacudiu os escenarios de festivais tan relevantes como o Noroeste, o MELONAFEST, o 17º Ribeira Sacra ou o ciclo Noitinhas. Inspirada por figuras como Kate Bush, Enya, Madonna e bandas como Joy Division, Echo & the Bunnymen e The Jesus and Mary Chain, ELBA exhibe tanto na súa música como na súa estética a solidez dunha artista contemporánea íntegra e vangardista. O synth pop, o dark wave e o dream pop mestúranse na súa música para crear unha atmosfera de luces e sombras, vintage pero actual, natural pero meticulosa, fría e incandescente.

VOLVE A EMOCIÓN Á PRAIA DA BARROSA CON

RIBEIRO SON DE VIÑO

Entradas (proximamente) á venda en: https://nautico.entradas.plus/

PARA MÁIS INFORMACIÓN

www.ribeiro.wine/es/festivalsondevino

www.fb.com/ribeirosondevino