Extracto das bases reguladoras das axudas de emerxencia – Covid 19 dirixidas ao mantemento do tecido económico local no Carballiño

Publicase hoxe no BOP o Extracto das bases reguladoras das axudas de emerxencia – Covid 19 dirixidas ao mantemento do tecido económico local no Carballiño

Extracto do acordo do día 3 de xuño de 2021 da Xunta de Goberno Local, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas de emerxencia – Covid 19 dirixidas ao mantemento do tecido económico local. BDNS (Identif.): 569181

AVANTAR ACTIVIDADES

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións: (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/c onvocatoria/569181)

Base 1.ª Obxecto e finalidade 1.2. Obxecto e finalidade As bases teñen por obxecto regular a convocatoria para a concesión de axudas destinadas a traballadores/as autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal, social ou a súa actividade se desenvolva no termo municipal do Carballiño e cumpran os requisitos que se establecen nestas bases.

Base 4.ª Requisitos Poderán solicitar a subvención prevista nestas bases as persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión das subvencións e que cumpran requisitos.

Base 5.ª Liña de axudas. Gastos subvencionables Os gastos subvencionables están orientados a dar apoio para o mantemento da actividade profesional e reducir, deste xeito, as consecuencias económicas e empresariais derivadas das declaracións de estados de alarma e a necesaria adaptación á nova realidade provocada pola Covid-19, en especial relativas á perda de emprego e peche de empresas. Serán gastos elixibles todos aqueles derivados da actividade empresarial e comercial, directamente vencellados á súa xestión nos que os solicitantes incorresen dende o 1 de outubro de 2020 e ata a data de finalización do prazo de presentación da solicitude de subvención.

Base 6.ª Criterios e contías das subvencións Para os efectos de concesión das subvencións previstas nestas bases, terase en conta a orde temporal de entrada da solicitude. Establécese un límite máximo de subvención do 100% do total do gasto subvencionable, que non terá en conta o IVE.

Os límites máximos de subvención por beneficiario serán de 1.000 euros. En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do obxecto subvencionable

Base 7.ª Presentación de solicitudes e resolución do procedemento 7.1. Prazo de presentación de solicitudes e documentación preceptiva. As solicitudes para participar neste procedemento deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, contado desde o día hábil seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do extracto da convocatoria remitido pola Base de Datos Nacional de Subvencións. Da devandita publicación darase información no portal de internet do Concello de Carballiño

BOP Premer na Imaxe