Gala de maxia, circo e humor, mañá ás 21:00 horas no anfiteatro da Veracruz

(Fotografía dun espectáculo de Especialistas Hípica Celta no anfiteatro da Veracruz o pasado Nadal.

A obra é un produto multidisciplinar onde a maxia, o clown, o circo e o humor fusiónanse para ofrecer un espectáculo único conxugando a arte e a retranca galega. Esta produción pretende  que as familias poidan presenciar unha actividade moi diferente ao que están acostumados. O condutor da gala será o neto do televisivo José Ramón Gayoso e contará con artistas de primeiro nivel.

O evento será mañá venres, ás 21:00 horas, no anfiteatro da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES