Galicia repunta os contaxios nesta xornada pero reduce a ocupación hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 115 contaxios novos, unha cifra que presenta un leve repunte con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.305, unha cifra que ascende en preto de 40 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (-1) están en UCI, 33 (-3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un ascenso leve. A provincia rexistra hoxe 21 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 7 persoa con respecto a onte, ata os 146 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 2 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES