Hoxe un caso máis por covid no Carballiño para un total de tres

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 4 contaxiados ( un máis ca onte ). O Concello do Carballiño mantén hoxe 3 casos activos, un máis ca onte.

San Cristovo de Cea e o outro único concello con contaxios e mantén un caso, igual ca dende a pasada semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beariz, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.