Afundación e o Concello de Ourense asinan un convenio para o programa de atención social «Cubertos»

Proporcionaranse menús saudables a nenos e nenas de familias en situación vulnerable durante as vacacións escolares

O acto de rúbrica terá lugar o luns ás 10.00 h no Concello de Ourense

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o director xerente de Afundación, Pedro Otero, asinarán o vindeiro luns, 28 de xuño ás 10.00 h un convenio de colaboración para a posta en marcha nesta localidade do programa «Cubertos», que proporcionará menús saudables a menores en risco de pobreza ou exclusión social das sete principais cidades galegas durante as vacacións escolares. O obxectivo desta iniciativa de Afundación e ABANCA, co Concello de Ourense, é apoiar ás familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da COVID-19, garantindo ás nenas e nenos unha alimentación saudable durante o verán, período no que se interrompen os programas de bolsas comedor.

Evento Sinatura do convenio de colaboración para a posta en marcha do programa «Cubertos»
Lugar Concello de Ourense. Salón de plenos. Praza Maior,1
Data e hora Luns, 28 de xuño ás 10.00 h
  Asistentes Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación