Galicia segue cos contaxios á alza, volvendo a superar os 1.500 casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 124 contaxios novos, unha cifra que se mantén na mesma liña durante a fin de semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.507, unha cifra que ascende en preto de 200 persoas nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 14 (+3) están en UCI, 38 (+3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a fin de semana presenta un ascenso leve. A provincia rexistra hoxe 9 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 14 persoa con respecto ó venres, ata os 164 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 5 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES