A Deputación aproba unha axuda de 90.000 euros para a ponte da Veronza

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na reunión celebrada onte baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández aprobou a concesión de preto de 340.000 euros en subvencións para cooperación con concellos, deportes e actividades culturais.

No apartado de cooperación con concellos, a Xunta de Goberno tamén se aprobou unha axuda de 90.000 euros ao Concello de Ribadavia para obras na ponte de Veronza.

AVANTAR ACTIVIDADES