O Carballiño, único concello con casos activos da comarca, con dous contaxios

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 2 contaxiados únicamente ( -1 ). O Concello do Carballiño é o único que presenta casos activos, cos dous casos da comarca. Onte contaba con tres casos activos, que descenderon nun contaxio hoxe.

Os demais concellos, Beariz, Cea, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, a situación mantense tamén con moi poucos contaxios. O positivo de Arnoia mantense. E Ribadavia, que contaba con dous contaxios, hoxe suma un máis para ter tres persoas contaxiadas.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.