Hoxe mércores a Fundación Vicente Risco proxectará a película Metrópolis en Allariz

O mércores, 30 de xuño, ás 22 horas, no Hotel OCA Vila de Allariz, ao aire libre, a Fundación Vicente Risco proxectará a película Metrópolis con música en directo dentro do ciclo Carpervek. Actuarán de artistas convidados: Clara Mascaró (viola), Tonio Comesaña (clarinete) e Julia Caro (cello).
Metrópolis, unha película do ano 1927, alemana, é unha das grandes do cine mudo. A trama trascurre en Metrópolis, unha cidade ficticia, no ano 2000. A sociedade vive dividida en dúas clases: os ricos, que viven na superficie con todo tipo de luxos e os obreiros, que malviven en condicións dramáticas recluidos nun gueto subterráneo. Un día, o fillo do alcalde da cidade, descubre estas lamentables condicións dos obreiros tras namorarse de María. O fillo tratará de advertir ó seu pai de que os traballadores subterráneos están a piques de rebelarse.

Estrea dunha nova versión da BSO realizada en colaboración coa agrupación camerística Trío Bórea.

AVANTAR ACTIVIDADES

O prezo da entrada é de 10 euros, e o bono de 5 películas é de 40 euros. Para mecenas e amigos da Fundación Vicente Risco o importe do bono é de 30 euros.

Para inscricións deben enviar un correo electrónico indicando nome, apelidos, NIF, domicilio, teléfono e mail a secretaria@fundacionvicenterisco.com
Se queredes máis información podedes contactar coa presidenta da fundación, Celia Pereira, chamando ao número de teléfono 605319298.