Mañá xoves comeza o servizo de conciliación Aviaverán, ás 9h da mañá no Colexio da Alameda. Ás 10h haberá unha pequena Recepción cos nenos e nenas e as familias. O servizo durará ata as 13:00 horas, aínda que se amplía unha hora más ca opción de conciliación.
O obxectivo de AVIA VERÁN é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán cando o curso escolar remata. Vai destinado á nenos e nenas de 3 a 14 anos.
Como novidade, este ano o Concello establece uns prezos máis asumibles para todas as familias, nun contexto de crise. Todo isto, a pesar de que as ratios establecidas polas autoridades son máis esixentes para adecuarse aos Protocolos Anti-COVID.