A Festa da Palabra honra este sábado os “Seis poemas galegos” de García Lorca

A 13ª edición da Festa da Palabra terá lugar este sábado día 3 de xullo, na Insua dos Poetas, como xa é tradicional. O evento será de entrada libre. Este ano, o evento está dedicado ós “Seis poemas galegos” de Federico García Lorca. A programación comezará ás 12:00 horas, co acto literario e ca actuación de Teo Cardalda. Ás 13:00 horas inaugurarase a escultura de Soledad Penalta ca actuación do Orfeón do Carballiño. Ás 14:00 horas terá lugar unha romaría das Letras Ourensás, amenizada polo grupo de gaiteiros “Os Serandeiros”. E para finalizar, ás 19:30 horas, haberá un concerto de A Banda da Loba.