Galicia segue cos cotaxios á alza con case 300 casos novos en 24 horas por segundo día consecutivo

A comunidade galega rexistra hoxe 268 contaxios novos, rexistra un crecemento leve con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.994, unha cifra que ascende en máis de cen persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (-1) están en UCI, 46 (+3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta tamén un ascenso preocupante. A provincia rexistra hoxe 43 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 30 persoas con respecto a onte, ata os 229 casos activos. Nos hospitais hoxe mantemos estabilidade. Contamos con 6 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES