O Carballiño logra baixar dos 1.500 desempregados ca recuperación que amosa o mes de xuño

As aperturas de diversas actividades de ocio e hostalaría, así como a recuperación xeral noutros sectores están a verse reflexadas nos datos do paro, que amosan unha recuperación de emprego que se ven afianzando dende vario meses atrás. Na comarca do Carballiño, este mes de xuño hai 65 parados menos, o que deixa a cifra en 1.482. A capital consegue empregar a 40 persoas neste mes, seguida, aínda que en cifras moito máis pequenas, por case a totalidade dos concellos, salvo Cea e Beariz, que se manteñen estancadas na mesma cifra.

No Ribeiro, a situación é bastante similar, baixando a cifra de desempregados en 45 persoas na comarca. A capital, Ribadavia, lidera a táboa de creación de emprego con 20 persoas. Cenlle, Cortegada, Carballeda de Avia, Avión e Arnoia, tamén logran reducir as cifras, aínda que con datos máis baixos; Beade e Melón manteñen o mesmo dato ca no mes pasado e Leiro suma 6 parados á lista do paro.

AVANTAR ACTIVIDADES