O Club Ciclista Carballiño participou na Mini BTT de Ribadumia

Onte sábado o Club Ciclista Carballiño participou nunha nova xornada de Mini BTT, desprazándose ata Ribadumia para desfrutar do espectacular e divertido percorrido desta zona.

En Categoría infantil, Marcos Rodríguez Nogueira acadaba un 2º posto. En Categoría principiante B, Manuel Mouriño remataba en 15ª posición. E en Categoría promesa A, Toño González facíao en 26º posto. Noraboa ós tres.

AVANTAR ACTIVIDADES