A comunidade galega rexistra hoxe 230 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios moi similar á pasada semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.638, unha cifra que ascende en preto de 200 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (+1) están en UCI, 47 (-3) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios. A provincia rexistra hoxe 34 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 83 persoas con respecto a onte, ata os 336 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un descenso. Contamos con 4 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.