O Carballiño sumouse á concentración en repulsa do asasinato de Samuel

Esta fin de semana, A Coruña espertaba ca noticia do asasinato de Samuel Luiz Muñiz, a causa dunha paliza mortal. De madrugada, recibiu patadas e puñetazos e foi abandoado na rúa. Os servizos sanitarios intentaron reanimalo durante duas horas pero non conseguiron salvarlle a vida.

A súa morte fíxose viral nas redes sociais, sumandolle notoriedade o feito de que amigos e chegados a calificaron como unha agresión homófoba e a poboación súmase pedindo que a discriminación non quede impune.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como reivindicación social, foron convocadas concentracións para a xornada de onte. Nun comezo foron os municipios próximos os que anunciaron manifestacións, sumándose co paso das horas moitos máis concellos galegos, ata pasar do medio centenar.

O Carballiño e Ribadavia tamén se sumaron a esta concentración, que se celebrou ás 20:00 horas e ás 20:30 horas respectivamente, en ambos concellos na súa praza maior.