O Sergas realizará un cribado a 450 veciños de Ribadavia entre os 16 e os 30 anos

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocará este xoves, 8 de xullo, a 450 veciños e veciñas de Ribadavia con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos  para participar nun cribado selectivo aleatorio para detectar casos positivos asintomáticos, co obxectivo de frenar o aumento de casos que se está a rexistrar e que na actualidade o situan como o segundo concello da provincia en número de casos activos.

O cribado, mediante a recollidada de mostras nasofraringeas para PCR, terá lugar entre as 16 e as 19.00 horas no edificio Alameda. E as persoas seleccionadas serán convocadas vía SMS podendo comprobar tamén a cita na App (de descarga gratuita) Sergas Móbil ou na web do sergas na aplicación de cita de atención primaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con 336 casos activos a data de hoxe, hai 194 no concello de Ourense que concentra o 60% dos  activos e rexistra un aumento do 50% desde hai unha semana. Igualmente Ribadavia multiplicou case por sete o número de activos pasando de 3 a 20 desde o pasado martes. Ademais de Ourense e Ribadavia, preocupa tamén Barbadás, con 18 casos e unha progresión similar. 

O perfil dos pacientes, e como nos últimos días, xente nova de entre 16 e 30 anos, o 50%, e que psada a enfermidade sen complicacións na casa, o 99%, sen necesidade de ingreso. A día de hoxe tan só catro persoas permanecen hospitalizadas e as unidades de críticos están libres de Covid.

A incidencia global, presión asistencial e redución da idade media, está directamente relacionado coas das medidas adoptadas de control e vixilancia epidemiolóxica, os rastrexos de contactos e cribados poboacionais e a extensión da vacinación fronte a Covid19, neste intre avanzando na protección das persoas de entre os 30 e os 39 anos e completando as pautas dos de idades inmediatamente superiores.

A campaña de vacinación avanza a bo ritmo con mais de 360.000 vacinas administradas na nosa Área Sanitaria e case o 60% da nosa poboación diana con pauta completa, é dicir case 170.000 ourensans protexidos. 

Importancia de colaborar nos cribados

A proba será voluntaria, non si, hai que lembrar a todos e todas as que sexan convocadas a importancia da súa participación, xa que, de estar contaxiado sen síntomas, ou se estes pasan inadvertidos, podese estar contribuindo a extensión dos contaxios. Co risco de afectar gravemente a saúde das persoas que nos rodean, asi como a retrasar a recuperación da normalidade do conxunto do noso concello ou bisbarra.