Sete concellos do Ribeiro presentan casos activos de coronavirus

No Ribeiro, a situación hoxe presenta unha estabilidade a pesar do incremento dos últimos días. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 20 casos activos. Arnoia baixa dos 5 ós 4 casos, e Avión conta con dous casos. Carballeda de Avia sobe dos 2 ós 3 casos. Melón, Cenlle e Cortegada contan cun caso activo cada un deles.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo polo de agora.

AVANTAR ACTIVIDADES