O Dog publica o calendario laboral para 2022 que terá como festivos propios os días das letras galegas e de san Xoán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos
  • Serán tamén festivos, ademais do 17 de maio e o 24 de xuño, Aninovo (1 xaneiro), o Día de Reis (6 xaneiro), Xoves e Venres Santo (14 e 15 abril), o Día Nacional de Galicia (25 xullo), Asunción da Virxe (15 agosto), a Festa Nacional de España (12 outubro), Todos os Santos (1 novembro), o Día da Constitución Española (6 decembro) e a Inmaculada Concepción (8 decembro)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galicia para o próximo ano no que a Comunidade galega terá como festivos propios os días das Letras Galegas (17 de maio) e de San Xoán (24 de xuño).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (15 de abril en 2022), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2022 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo: o 1 de maio (día do Traballo), que se substitúe polo 17 de maio, día das Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se cambia polo día de San Xoán (24 de xuño).

Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2022 se celebrará o 15 de abril), que Galicia non cambia tradicionalmente; e dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Calendario Laboral 2022

FESTIVIDADE DATA DÍA DA SEMANA
Aninovo 1 de xaneiro sábado
Epifanía do Señor (Día de Reis) 6 de xaneiro xoves
Xoves Santo 14 de abril xoves
Venres Santo 15 de abril venres
Letras Galegas 17 de maio martes
San Xoán 24 xuño venres
Día Nacional de Galicia 25 xullo luns
Asunción da Virxe 15 agosto luns
Festa Nacional de España 12 de outubro mércores
Todos os Santos 1 de novembro martes
Día da Constitución Española 6 de decembro martes
Inmaculada Concepción 8 de decembro xoves