A Xunta sacará á venda 3 parcelas ( 9117 m2 ) de solo empresarial en Carballiño e 1 parcela ( 1880 m2 ) en Ribadavia

A Xunta sacará á venda a partir de mañá case 282.000 m2 de solo empresarial con bonificacións de ata o 50%

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, visitou hoxe o polígono do Barco de Valdeorras xunto ao alcalde, Alfredo García, e empresarios da zona

AVANTAR ACTIVIDADES


Na convocatoria deste ano inclúense 17 parques industriais xestionados polo IGVS nos que se porán a disposición un total de 116 parcelas urbanizadas

O responsable autonómico anuncia que a revisión do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais promovida pola Xunta introducirá cambios substanciais respecto ao futuro desenvolvemento do parque da Raña, que se ampliará en case 70.000 m2

O Diario Oficial de Galicia publicará mañá a resolución pola que se anuncia un novo concurso de venda de solo empresarial con bonificacións de ata o 50% nos parques que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Serán en total 116 parcelas que suman unha superficie de preto de 282.000 metros cadrados e se distribúen en 17 polígonos.

Así o avanzou hoxe o director do IGVS, Heriberto García, durante unha visita ao parque empresarial da Raña, no Barco de Valdeorras, na que estivo acompañado polo rexedor municipal, Alfredo García, e representantes de dúas asociacións de empresarios da zona aos que lles anunciou que a Xunta ofertará neste polígono 13 parcelas con case 37.600 m2 e un desconto sobre o prezo de venda do 50%.

Cómpre subliñar que este é o segundo concurso que convoca o Goberno galego este ano co fin de mobilizar o solo industrial que ten dispoñible nos seus parques e facilitarlles así ás empresas que queiran asentarse na Comunidade ou ampliar as súas instalacións, terreos urbanizados e en localizacións axeitadas ás súas necesidades.

Neste sentido, Heriberto García explicou que, ao igual que no concurso convocado en marzo por Xestur, as parcelas que o IGVS sacará á venda mañá terán un desconto do 30% ou do 50%, dependendo da súa localización. Así, o importe total das bonificacións que ofrece a Xunta para adquirir estas 116 parcelas ascende a 5,76 millóns de euros.

En caso de que algún dos terreos dispoñibles non se venda no marco do concurso, aclarou que o IGVS poderá adxudicalos de forma directa e respectando sempre as condicións orixinais ou ben asignalos na modalidade de dereito de superficie, é dicir, a cambio do pagamento dun canon anual moi reducido con opción de compra.

Así mesmo, o director do IGVS aproveitou a súa visita para explicarlles aos representantes do Concello e dos tecido empresarial local que a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) traerá novidades importantes para o municipio. Así, tras indicar que esta será a segunda revisión que acometa a Xunta deste documento de planificación aprobado en 2014, Heriberto García explicou que os cambios afectarán de forma directa ou indirecta ao desenvolvemento industrial de 22 municipios, entre eles O Barco, que sufrirá unha modificación “substancial” do seu parque, que se traducirá en case 70.000 m2 máis de superficie cara ao sur.

En concreto, no novo PSOAEG eliminaranse as fases IV e V do polígono da Raña —cun total de 118.866 m2 e localizadas en zonas inundables— ao tempo que se incorporarán novos terreos noutro ámbito. Como resultado destes cambios, o parque empresarial sufrirá unha ampliación xa que a nova superficie prevista será de 186.912,45 m2.

No seguinte cadro recóllese o detalle por parques empresariais do número de parcelas, superficie e bonificacións a aplicar no marco do concurso que sairá publicado mañá:

PARQUEPARCELASSUPERFICIE m²PREZO BONIFICADO €% BONIFICACIÓN
As Somozas468.600,00670.404,6750
Melide24.680,00166.720,0630
Pontedeume11.139,0023.236,0650
Touro42.941,0094.744,4830
Culleredo14.700,0028.176,9530
Bóveda64.643,0050.456,3150
Lourenzá78.855,44197.027,9550
Monforte1353.993,001.633.838,0050
Monterroso2239.403,00687.601,2050
Quiroga96.401,00131.220,5050
Taboada1313.717,50461.060,2550
Xermade1211.126,00130.713,3850
O Barco1337.593,001.052.604,0050
Carballiño39.117,79179.535,5350
Celanova13.274,0047.882,2550
Ribadavia11.880,3257.161,7350
Verín49.657,59317.273,3850
TOTAL GALICIA116281.721,645.929.656,70