Galicia rexistra 410 contaxios novos nas últimas 24 horas, 91 da provincia de Ourense

A comunidade galega rexistra hoxe 410 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios superior ó dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.231, unha cifra que ascende en preto de 300 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (-3) están en UCI, 49 (+3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios. A provincia rexistra hoxe 91 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 84 persoas con respecto a onte, ata os 483 casos activos. Os hospitais hoxe presentan estabilidade. Contamos con 4 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES