Os bombeiros do parque do Carballiño-Ribeiro e unha representación do Grupo de Emerxencias Municipal acudiron hoxe ó ApartaHotel Arenteiro para facer unha manobra de actuación sobre o sistema de alarmas e de emerxencias para garantir que en caso de ter que acudir por unha incidencia, teñan os medios necesarios para que sexa o máis satisfactoria posible.
O ApartaHotel Arenteiro, ademais de ser de uso público, está catalogado como edificio de gran altura, polo que comprobaron tamén a altura das escaleiras das que dispoñen, entradas e saídas de emerxencias e planos para coñecer como moverse pola edificación.