O Carballiño sobe ós 27 casos activos e Ribadavia ós 28 casos. A maioría de concellos rexistra contaxios hoxe

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 34 contaxiados ( +6 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 27 casos activos, catro casos máis ca onte. Contan cun caso activo os concellos de Beariz, O Irixo e Maside. Boborás, libre de casos, suma hoxe un contaxio. Piñor, que contaba con dous casos, hoxe suma un para ter tres contaxios.

Os demais concellos, Cea, Punxín e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, a situación hoxe amosa un incremento. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 28 casos activos, un máis ca onte.

Arnoia mantén 4 casos, e Avión que contaba con dous casos, hoxe sobe outros dous para ter catro contaxios. Beade, cun contaxio onte, presenta hoxe dous casos. Carballeda de Avia sobe dos 3 ós 5 casos. Cenlle e Melón manteñen un contaxio e Cortegada dous casos activos.

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia, están en nivel medio-baixo polo de agora.