O PSOE do Irixo reclama saneamento en máis de 30 pobos ó concello

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, para dotar de saneamento os máis de 30 pobos do irixo que non teñen. Aseguran que presentaron esta mesma moción e case 4 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante.

Critican que o concello proxecte unha gran inversión na estación dun centro deportivo para as familias, con pistas de padel e outras infraestruturas cando a escasos metros os pobos e a veciñanza carecen dos servizos esenciais para poder vivir dignamente no rural.

AVANTAR ACTIVIDADES