Hostalaría e concello consensúan as actividades do verán e analizan a situación da covid

O sector hostaleiro do Carballiño mantivo unha reunión na tarde de onte no concello, na que participaron tamén os concelleiros de Cultura, Diego Fernández, e o de Turismo, Manuel Dacal.

Nesta reunión, os representantes municipais presentaron as actividades culturais para este verán, e consensuaron con eles a organización de eventos importantes relacionados ca Festa do Pulpo e as Festas do Setembro, que terán que ser en formato reducido.

AVANTAR ACTIVIDADES

O sector está animado de poder contar con eventos, a pesar de que o medo de volver ter que pechar está presente ante o incremento de casos dos últimos días.