BNG de Leiro, neste 2021, volve exixir ao goberno municipal que solicite a certificación de praia fluvial na área de baño do Misieiro diante da Xunta de Galicia.

Desde o BNG volvemos pedir ao Grupo de Goberno Municipal que comece os trámites oportunos para a certificación de praia fluvial a área de baño do Misieiro. Entendemos que este recoñecemento tería beneficios para as e os usuarios en termos de mellora de servizos e de seguridade e, alén diso, significaria un impulso turístico para o noso concello.

Neste momento nigunha das nosas zonas de baño fai parte da Guía de Praias Fluviais de Gailza, que a Xunta divulga a través do seu portal web. Desde o BNG entendemos que estamos perdendo unha oportunidade para divulgar o noso patrimonio cultural e dinamizar a nosa economía.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alén desta certificación, pedimos ao concello que habilite na mesma zona uns baños e uns vestiarios para o uso dos e das bañistas.

Por último, tamén entendemos que a presenza dun socorrista se fai precisa para a seguridade dos centos de persoas que visitan o noso río todas as fins de semana.

O BNG xa presentou unha moción neste sentido no pleno de Xuño de 2020. A mesma foi rexeitada cos votos en contra do grupo popular. Pedimos ao populares que cambien a súa postura e apoien unha iniciativa que tería unha grande repercusión para o noso concello.


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO