Dende o BNG de Castrelo de Miño alerta de que no lugar de Santo Estevo, levan 3 días sen subministro de auga. Aseguran que numerosos veciños maiores lles achegaron as queixas por ter que buscar a auga a caldeiros á fonte. Afirman que dende o pasado venres día 9 que se pasou aviso ao concello por parte da veciñanza de Santo Estevo, e se lle trasladou ao fontaneiro municipal, non se fixo nada. Parece ser que non hai comunicación entre o ilexítimo goberno e os responsábeis do mantemento da traída de auga. Dende o BNG piden ó goberno local que poña solución o antes posible a esta situación.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV