Espazo Común pide un pleno extraordinario para tomar medidas e frear o avance da pandemia

Pachi Vázquez, presidente de Espazo Común, anunciaba hoxe en rolda de prensa a súa petición de celebrar un pleno extraordinario, para o que pide o consenso de todos os partidos políticos para frear a situación sanitaria actual do Carballiño e as consecuencias sociais e conómicas derivadas dela. Asegura que non é o momento de criticar as actuacións doutros, se non de sentarse a traballar e buscar solucións.

Vázquez asegura que a situación que se está dando no Carballiño ten orixe nas reunións sen ningún tipo de medida de seguridade e considera que se debería reforzar a presencia policial nos focos e horas nas que producen estas aglomeracións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén critica que o goberno local anuncie os eventos da Festa do Pulpo o mesmo día que aumentan as restricións no Carballiño. Considera que dende o concello non se pode incentivar ás aglomeracións nin ás reunións e menos na situación que está viviendo O Carballiño.