O C.D. Arenteiro preparase para Segunda Federación con seis novas fichaxes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Fai apenas un par de semanas, o C.D Arenteiro confirmaba que Fran Justo e o seu equipo técnico seguirían guiando ó equipo nesta nova aventura que será a Segunda Federación. Día a día imos sabendo un pouco máis de como estará composto o plantel. Vitra, chegado do Rápido de Bouzas, será o novo defensa. Iago Domínguez, do Celta B, como gardameta. Adrián Castro, que chega do Deportivo e Cássio Góes, que volve ó Arenteiro. José Carlos Márquez da canteira do Sevilla e Adrián Cruz, que foi o primeiro confirmado.