O PSOE acusa á Xunta de non apoiar o sobrecusto da pandemia das entidades don discapacidade intelectual

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, lamentou hoxe o “portazo” da Xunta e do PP ás entidades de atención ás persoas con discapacidade intelectual. Ortega presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para reclamarlle ao goberno que axudara a estas entidades a facer fronte aos sobrecustes derivados da pandemia, pero que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ortega criticou a “utilización interesada” por parte da Xunta do traballo e da resposta “exemplar” destas 37 entidades que representan a 95 centros e 4.500 usuarios, que agora piden un encontro coa conselleira de Política Social e un apoio que nunca chegan. Denunciou este desinterese cando o propio presidente da Xunta e a conselleira utilizaron os datos de incidencia da pandemia para incorporalos aos das residencias de maiores e diluír con trampas as cifras reais.

A responsable socialista lamentou que “o PP dea a entender que o colectivo está mentindo”, ao atacar os argumentos que replicaron nunha carta escrita enviada á Consellería o pasado 7 de abril detallando os sobrecustes que tiveran que asumir pola pandemia. Explicou que estas partidas, dificilmente asumibles polas entidades, apenas supoñen unha carga para uns orzamentos autonómicos inflados polas aportacións do fondo covid pensado precisamente para iso.

Explicou que as entidades de atención ás persoas con discapacidade intelectual tiveron que afrontar en solitario a creación de grupos burbulla, a dotación de novos equipamentos específicos, asumir as medidas de hixiene e limpeza adicionais, os problemas para habilitar os novos espazos e sinaladamente o reforzo de persoal.

Grazas ao seu traballo e á “rectitude no cumprimento das restricións” e das medidas impostas fronte á pandemia, rexistraron unha “baixísima incidencia de contaxios” nunha poboación especialmente vulnerable ao virus, que asumiu en carne propia unhas restricións “durísimas”.

Marina Ortega felicitou en nome de tódolos socialistas galegos o traballo dos e das profesionais e voluntarios do sector, así como aos propios usuarios destes servizos, por “ter dado un exemplo de comportamento durante a pandemia”. Dirixiuse ao PP e ao goberno galego para replicarlles en conclusión que “non serve estar en contacto con estas entidades cando lles interesa, e nin sequera chamalas cando non é así”.