Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 116 contaxiados ( +23 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 81 casos activos, 17 casos máis ca onte.
Beariz sobe tres casos ata os 8 contaxios, mesma cifra ca Boborás, que sobe dous casos. O Irixo mantén seis casos, Maside mantén cinco casos e Piñor catro casos. San Amaro mantén dous casos e Cea, que tiña un caso, hoxe ten dous casos activos. Punxín é o único libre de coronavirus.