O ciclo “A poesía era a-quilo” retrasa o primero dos actos previsto para este sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Por mor da situación epidemiolóxica na Comarca do Carballiño a organización retrasa o primeiro dos actos axendados para o ciclo A POESÍA ERA A-QUILO. Así, a presentación d’ O Elo de Quico Valeiras muda de data do 17 de xullo ao primeiro sábado de semana de agosto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este contratempo, polo dagora, e agardando a que evolución da pandemia mellore, afecta única e exclusivamente a dita presentación, manténdose o resto do programa nas datas correspondentes: a saber, o sábado 24 xullo ás 13:00 horas, a presentación de “Humanario” de Pilar García Rego e, o sábado 31 de xullo tamén ás 13:00, a de “Obra inacabada de Dosinda Christensen” de Xerardo Quintiá.